jueves, 15 de junio de 2017

MANZANEDA PARADISE

No Ceip Manzaneda fixemos unha convivencia na que compartimos un día estupendo co nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria do Ceip Manuel Bermúdez Couso de Trives.
Foi un día cheo de emocións e sentimentos compartindo experiencias entre coles tan cercanos e tan distintos.
Os nenos e nenas de Manzaneda intentaron explicar como foi este curso nun vídeo para compartir as súas experiencias cos seus compañeiros e compañeiras de Trives.
Fixemos este vídeo ca app de Google Fotos e os editamos con Imovie, para as animacións utilizamos unha app moi divertida chamada Funimate.




 Utilizamos as mesmas apps para crear un vídeo que recolle as actividades que compartimos en Manzaneda Paradise .


martes, 6 de junio de 2017

A POBOACIÓN

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria estiveron traballando a poboación e prepararon unhas presentacións para traballar e explicar o tema ós compañeiros. Dividimos o tema en 2 partes e cada equipo preparou os seus contidos de maneira cooperativa por medio de esquemas. Cas Presentacións de Google desenvolveron os contidos e o explicaron ós compañeiros.

 

jueves, 1 de junio de 2017

HISTORIA. A PREHISTORIA

Estamos traballando xa a historia en primaria. Alumnas de 1º e 3º de primaria, despois de visionar os vídeos sobre o tema de Erase Una Vez El Hombre e de traballar o libro de texto fixeron este poster dixital ca app Thinglink sobre o Paleolítico e o Neolítico.