lunes, 23 de mayo de 2016

SOCIAIS. TEMA 8. IDADE MODERNA

Estivemos a traballar a Idade Moderna en Ciencias Sociais.
Os alumnos e alumnas tiñan que buscar información, selecionala e analizala co fin de crear unha presentación para compartir cos seus compañeiros.
Dividimos o tema en partes e a cada membro dun equipo se lle entregou unha parte. Os alumnos e alumnas con partes común xuntáronse por grupos para buscar información en diferentes formatos. Unha vez que a información estivo buscada e analizada os membros dos equipos xuntáronse de novo e fixeron cun folio xiratorio un esquema da súa presentación.
A continuación fixeron as presentacións en drive de forma cooperativa. Ademáis de facer as súas diapositivas tiñan que comentar as dos compañeiros.
Foi un traballo moi duro, costoulles especialmente buscar a información adecuada e ademáis ó sair dos seus equipos supuso para algún deles unha relaxación dos obxetivos e os compromisos que teñen nos equipos.







Aquí tendes uns enlaces con información e actividades sobre a IDADE MODERNA.



SOCIAIS. TEMA 8. A IDADE MODERNA, by adelinagarcianaveiro

MATEMÁTICAS TEMA 12. SISTEMA SEXAGESIMAL.

Estamos trabajando el sistema sexagesimal. He grabado las explicaciones de clase para que podais repasar en casa o consultarlo si teneis dudas.

UNIDADES EN EL SISTEMA SEXAGESIMAL

SUMA Y RESTA EN EL SISTEMA SEXAGESIMAL.

Aquí os dejo unos ejercicios para que practiqueis.



MATEMÁTICAS TEMA 12. SISTEMA SEXAGESIMAL. by adelinagarcianaveiro

martes, 3 de mayo de 2016

ESPAÑA NA IDADE MEDIA. SOCIAIS TEMA 7

Estamos a traballar en Ciencias Sociais como foi a Idade Media en España.
O primeiro que fixemos foi dividir o tema en partes para cada un dos equipos da clase. Comenzaron a buscar información de maneira cas instruccións de que cada presentación tiña que incluir; texto, imaxes e vídeo. Cada equipo tiña que asignarlle unha desas tarefas a cada membro. Desta maneira todos os membros do equipo tiñan que traballar todos os contidos para facer cada un a súa parte.
A ferramenta dixital que eleximos foi as presentacións de google drive xa que lles permite traballar ó mesmo tempo dende distintos dispositivos de maneira cooperativa.
Por último, os equipos están a presentar os seus traballos ós seus compañeiros que están a avaliar segundo unha rúbrica que inclue: calidade da presentación e os elementos que a compoñen, uso correcto do galego e claridade na exposición oral; uso correcto do vocabulario relacionado cos contidos, calidade e claridade dos contidos presentados.

Deixovos a continuación as presentación que fixemos en drive con estructuras de traballo cooperativo como producto final da tarea.


A MATERIA. CIENCIAS NATURAIS TEMA 7

Estamos traballando a materia e as súas características por medio duns experimentos.