martes, 22 de mayo de 2018

A IDADE CONTEMPORÁNEA

Os nenos/as de 6º de primaria estamos traballando a idade contemporánea en España.
En esta unidade decidimos unha presentación con Google drive, e despois presentamola con Knovio.

 

miércoles, 21 de marzo de 2018

MÁZCARAS E BOTEIROS

O día 1 de febreiro, xoves de compadres tivemos no cole a visita do cole de Vilariño de Conso e aproveitamos para falar sobre os Boteiros e as Mázcaras e sobre os toques e sobre os distintos elementos do entroido da zona.
Fixemos unha retransmisión en directo que compartimos aquí.

TALLER DE PUCHOS NO ENTROIDO 2018

No entroido deste ano realizamos de novo varias emisións en directo.
O 5 de febreiro tivemos un taller de puchos no cole e o retransmitimos en directo.
Os nenos e nenas de infantil e primaria aprenderon a facer os puchos do traxe de mázcara dunha maneira tradicional e fixeron outro dunha forma máis moderna. 

jueves, 22 de febrero de 2018

OLA NENOS E NENAS


CAMBU NA INDIA

A nosa mascota Cambu está na India e decidimos investigar algo sobre ese país tan distinto. Co que aprendimos fixemos un vídeo utilizando a app TouchCast.



Como nos enteramos de que para cociñar usaban moitas especias decidimos probar algunhas delas. As miramos, as tocamos, as ulimos e as probamos. Algunhas nos gustaron, outras non tanto. Traballamos na clasificación, leimos os seus nomes e algunha información dos botes e fixemos oracións sobre elas, cas maiúsculas, separando ben as palabras. A profe despois fixo este collage ca app Fuzel Collage

lunes, 19 de febrero de 2018

ESCRIBIMOS NO MAPA

Hoxe na clase de 1º e 2º estivemos a falar dos distintos lugares onde viven os nosos familiares e sobre os mapas e decidimos encontrar no mapa eses lugares.
Escribimos nas nosas libretas oracións sinxelas sobre os lugares onde viven persoas das nosas familias.
Despois descargamos Google Earth é miramos como é a Terra.
Observamos mapas físicos e políticos de España.
Creamos un mapa de España en Mymaps onde localizamos os lugares onde viven os nosos familiares e escribimos de novo as oracións, tendo especial coidado na separación das palabras e no uso das maiúsculas.